Estudo de casos |
Como complemento das sesións maxistrais e co obxecto de promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes desenvolveranse en paralelo clases prácticas. Nelas o alumnado enfrontarase á resolución de casos concretos nos que por en práctica os contidos explicados nas clases maxistrais e que, ó mesmo tempo, servan de referente ós temas obxecto de estudo nos traballos tutelados asignados. Asímesmo, ó longo do curso poden plantexarse visitas fora do ámbito da aula o traer invitado a algún especialista nos temas propios da materia. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso. DPAUC" (paneis, maquetas, debuxos, vídeos, textos, performances, etc.).
Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, simposios, conferencias, etc.), organizados pola ETSAC, o DPAUC, etc., indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuais referentes a un determinado ámbito de estudo.
|
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Refírese prioritariamente a aprendizaxe de "cómo facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción por parte dos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento de ese aprendizaxe polo profesor-titor.
Para a realización dos traballos tutelados o alumnado deberá realizar investigacións de campo referentes ás arquitecturas obxecto do seu propio traballo. Os alumnos tendrán unha certa capacidade de selección de ditos traballos. Asímesmo, dado o carácter tutelado deste traballo, deben producirse sesións periódicas de seguimento co profesorado, a fin de optimizar ou, no seu caso, reconducir as actividades en curso. |