Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A8 B1 B2 B4 C1 C4 C5 C6 C12 C13 O seu desenvolvemento enténdese plenamente individual e de natureza non presencial. Para garantir a autoría do traballo, e a adecuada adquisición de competencias, na súa avaliación enténdense relevantes as sucesivas sesións de control, e por tanto o grao de cumprimento con relación ás indicacións formuladas en cada caso polo profesorado. Outros aspectos a valorar son: a profundidade e rigor do desenvolvemento; a procura de fontes de información; as relacións construídas entre os diferentes apartados; as capacidades de análise e síntese; a corrección do estudo metodolóxico, da diagnose construtiva e estrutural, das modelizacións e das oportunas conclusións; a argumentación; e a calidade gramatical, gráfica e técnica da documentación final. 100
 
Observacións avaliación



Como nas restantes materias que integran o presente
posgrao,esíxese ademais unha asistencia non inferior ao 80% relativa á
totalidade dassesións presenciais programadas.
Este requisito non terá efecto cos estudantes que teñan recoñecida unha
dedicación a tempo parcial segundo a Norma que regula o réxime de dedicación ao
estudo e a permanencia e a progresión de estudantes de grao e máster na UDC.
Cualquier constatación de plaxio ou incumprimento relevante das condicións
establecidas para o desenvolvemento de entregas e/ou exámenes, derivará nunha
calificación de suspenso (0) na materia e na convocatoria correspondentes,
invalidando calquera valoración obtida en todas as actividades de avaliación
previas de cara a outras convocatorias.