| Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
| Asignatura | Sistemas Avanzados de Reparación e Reforzo de Estruturas | Código | 630548022d | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Estudo de casos | Análise de proxectos de recuperación e reforzo de estruturas existentes desde un punto de vista práctico e crítico. |
| Traballos tutelados | Realización de traballos de aplicación práctica dos conceptos explicados, que permitan ao alumnado adquirir coñecementos e competencias a partir da elaboración dun proxecto real de reparación e/ou reforzo. |
| Presentación oral | Realizaranse exposicións públicas dos traballos tutelados realizados, describindo a metodoloxía e os resultados obtidos, ao mesmo tempo que as dificultades atopadas e os medios empregados para resolvelos. Así mesmo, estableceranse sesións de preguntas para fomentar o debate e o intercambio de opinións. |
| Sesión maxistral | Exposición dirixida polo profesorado, na que se fomentará a participación do alumnado, tanto para plantexar dúbidas como para ofrecer unha visión crítica dos conceptos e métodos tratados nas clases. Consiste nunha metodoloxía expositiva que, en formato non presencial, se canaliza mediante sesións sincrónicas, utilizando a plataforma de videoconferencia da Universidade, visualización de gravacións e/ou estudo da documentación aloxada en Moodle. |