Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 O estudante deberá elaborar unha memoria durante o desenvolvemento do período de prácticas no que especificará o tipo de prácticas realizadas, os obxectivos e competencias alcanzadas, os problemas cos que se atopou para a súa realización, as consultas e tutorías realizadas, as solucións propostas, os mecanismos de mellora implementados etc.
Finalmente elaborará e presentará ao seu titor académico esta memoria de prácticas así como un informe do responsable da empresa que actuará como titor no labor profesional.
Mediante o informe e a memoria, o titor académico valorará as capacidades para a aplicación dos coñecementos relacionados ao ámbito da actividade profesional, as habilidades despregadas para levalo a cabo, así como as actitudes mantidas e a dispoñibilidade para iso, observando as dificultades e solucións dadas polo estudante
100
 
Observacións avaliación

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.