Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 En sesión pública cada estudiante exporá oral e gráficamente o seu TFM, dando razón e xustificación do alcance das súas investigacións e propostas.
O tribunal valorará a orixinalidade e dificultade del traballo realizado, a sua extensión e profundidade, a claridade expositiva e de representación gráfica evidenciadas, e con todo outorgará unha calificación xustificada a cada estudante.
No caso de que o tribunal considere que algún TFM no acade o nivel mínimo, emitirá un informe razoado acerca de si é posible modificalo ou completalo, indicando un prazo de tempo para a sua ulterior calificación.
100
 
Observacións avaliación

Na valoración que o tribunal fai do TFM entregado e da súa exposición pública vai implícita a avaliación do traballo tutelado previo, cuxo seguimento continuo debe quedar debidamente reflectido no informe achegado polo/o titor/a.

O traballo facilitarase en formato electrónico tipo pdf adecuadamente asinado. Así mesmo, facilitarase copia impresa do mesmo e do informe ao tribunal, de forma que poidan ter en consideración cantas circunstancias sexan precisas para valorar no seu total a integridade do traballo presentado.

En todo caso estarase ao disposto no Plan de Estudos vixente.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse pola normativa académica vixente da UDC. No relativo ao plaxio atenderase ao indicado no artigo 14º das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación das Cualificacións dos Estudos de Grao e Máster Universitario.