Como parte das tarefas da materia, poderase preparar material síntese do traballo realizado para a súa exposición conxunta a finais de curso, no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso. DPAUC" (paneis, maquetas, debuxos, vídeos, textos, performances, etc.). Ao longo do curso, o profesorado pode recomendar a asistencia a determinados eventos divulgativos (congresos, xornadas, simposios, conferencias, etc.), organizados pola ETSAC, o DPAUC, etc., que teñan relación co contido docente da materia, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuais referentes a un determinado ámbito de estudo. |