Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Historia da Arte | Código | 630G02015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. É obrigatoria a asistencia. |
Traballos tutelados | O alumnado realizará un traballo grupal relacionado con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o profesorado. Os pasos a seguir son: asignación do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula. |
Presentación oral | O alumnado realizará un traballo individual relacionado co temario da asignatura que será acordado co profesorado. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, preparación da presentación e exposición na aula, cunha duración máxima de 15 minutos. |
Proba obxectiva | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. A Proba obxectiva combinará distintos tipos de preguntas: unha análise e comentario de varias obras de arte (práctica) e o desenvolvemento de varios temas da asignatura (teórica 1 + teórica 2). |