Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A34 A51 A53 A55 A57 B5 B6 B12 C1 C4 C7 C8 A asistencia a eventos culturais e a participación en exposicións e/ou publicacións indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, poderán pasar a formar parte dos contidos da docencia expositiva, e conformar así unha parte da avaliación do alumnado. 5
Proba obxectiva A53 A55 A57 B6 C3 Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva do curso serán avaliados mediante unha proba oxectiva de asistencia presencial obrigatoria. 5
Portafolios do alumno A34 A37 A38 A39 A46 A51 A52 A55 A56 A58 A63 B2 B4 B5 B9 B10 B12 C3 C4 C5 C7 C8 O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, dispoñible e accesible a través da plataforma docente Moodle.

Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.
90
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia será necesario cumprir Cos seguintes requisitos: 

1º Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados na materia. 

2º Asistir regularmente a clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima do 80% 

Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes circunstancias: 

1º Non cumpra a asistencia esixida ás clases e ao Taller. 

2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o Taller. 

3º Non asista á proba obxectiva.

NOTA: PARA PODER SUPERAR A MATERIA, ESIXIRASE AS SEGUINTES CUALIFICACIÓNS MÍNIMAS: 3
PUNTOS NA PROBA OBXECTIVA E 4 PUNTOS EN CADA UN DOS TRABALLOS QUE
COMPUTAN NA AVALIACIÓN,  

- De acordo co establecido na memoria do Título de Grao en Estudos de Arquitectura, convocarase unha Xunta de Avaliación do Taller, que analizará os resultados globais do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre casos puntuais de avaliación do alumnado. 

- De acordo co establecido na memoria do Título de Grao en Estudos de Arquitectura, os alumnos que non superen nas dúas oportunidades de cada convocatoria a materia de Proxectos deberán asistir ao Taller do ano seguinte. As probas das diferentes oportunidades permitirán aos alumnos completar e modificar total ou parcialmente os traballos presentados no Taller, para poder así superar a asignatura.

TEMPO PARCIAL. Medidas de adicación para o alumnado a tempo
parcial: non se contemplan, debido a que se trata dunha materia na que o
obradoiro é a metodoloxía fundamental.

Dispensa académica de exención de asistencia. Non se contempla,
por ser unha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental.





PLAXIO. A detección de plaxio, así como a realización
fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.