Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Cimentacións | Código | 630G02043 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Quinto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A15 B2 B9 C1 C3 C6 C7 | Valoración do traballo desenrolado | 30 |
Proba obxectiva | A15 A17 A18 A24 B2 C1 | Resultados proba | 70 |
Observacións avaliación | |||
Asistencia Con esta premisa, asistencia e participación enténdense fundamentais, de forma que unha ausencia inxustificada e reiterativa repercute desfavorablemente na cualificación obtida por curso, en similar proporción que unha carencia de participación ou unha actitude negativa. Para poder realizar as probas obxectivas será requisito ter unha asistencia de, polo menos, o 80% ás clases de teoría (expositivas) en modalidade presencial, xunto co 80% ás clases prácticas (interactivas) da materia, así como entregadas adecuadamente o 80% das prácticas semanais. Avaliación As probas mixtas representan o 70% da cualificación global e o 30% restante corresponde á cualificación do traballo tutelado que inclúe o traballo de taller. Devandito traballo consta dunha parte de taller e outra específica da materia. A superación da materia esixe obter unha cualificación mínima global, considerando tanto as probas mixtas como o traballo tutelado, de 5 sobre 10. Para obter esta nota hase de ter un valor mínimo de 3/10 en cada unha das partes avaliadas (cuestionarios teóricos, problemas de mecánica, problemas de cimentacións e traballo práctico). Nos criterios de corrección recóllense non só a exactitude dos resultados, senón tamén a claridade da presentación, a estructuración da análise efectuada, a utilización de unidades, a correcta aplicación dos criterios normativos, e a terminoloxía empregada. Para a realización das probas obxectivas permitirase o emprego da normativa vixente, os PDF dos apuntamentos de clases elaborados polos profesores sen exercicios resoltos; un formulario manuscrito (escrito a man, non fotocopiado) en formato A4 a dobre cara, índices/diagramas de fluxo do proceso de solución dos exercicios de realización persoal, manuscritosy que non conteñan información numérica, así como unha calculadora non progamable (non se permite o uso do móbil ou outros dispositivos electrónicos ao efecto). De forma puntual poderase empregar aquela documentación que o profesorado poida fornecer ou autorizar ao efecto. Primeira e Segunda Oportunidade Os estudiantes que non superasen a materia por curso volverán examinarse das partes pendentes nas dúas oportunidades do mesmo curso. En ambos os casos consérvase a nota do traballo tutelado. Non se contempla a posibilidade de mellora dos traballos presentados debido á imposibilidade de garantir a autoría do estudiantes. Por tanto, quien non entregue este traballo no seu momento non poderá computar este apartado. Convocatoria Adiantada Plaxio A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de face á convocatoria extraordinaria. Situacións especiais: alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica Dispensa Académica de Exención de Asistencia: Non se contempla debido a que a materia participa da metodoloxía de taller Avaliación: sen cambios. |