Introducir ao alumno no deseño de estruturas non convencionais e por iso menos frecuentes na actividade profesional normal, con especial incidente en estruturas lixeiras, cubertas de grandes luces e edificios en altura.
Ante a constante evolución dos medios e procesos dixitais como instrumentos de deseño, análise, representación e fabricación, propóñense ao alumno a súa inmersión no uso de ferramentas informáticas de análise estrutural. Para iso utilizaranse procesos baseados en BIM (Building Informatión Model) profundando na relación entre o modelo de información do edificio e o modelo analítico. O alumno poderá facer uso adecuado dos programas dispoñibles no Laboratorio de Deseño Asistido da Escola Técnica Superior de Arquitectura: Revit Architecture, plataformas de libre distribución como o módulo Kangaroo sobre Rhinoceros- Grasshopper entre outros.
Así mesmo enlazaranse os coñecementos adquiridos no proceso da elaboración do proxecto de estruturas coas ferramentas de fabricación dixital, impresoras 3D e máquinas de control numérico dispoñibles no Laboratorio de Fabricación Dixital da ETSAC. Para iso realizaranse unha serie de prácticas que partindo de exemplos elementais posibiliten a creación e posterior análise estrutural de modelos a escala reducida.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías