Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Paisaxe e Hábitat sostible | Código | 630G02056 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Quinto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe colaborativa | A17 A19 A20 A34 A35 A36 A37 A39 A41 A44 A45 A46 A47 A54 A57 A59 B3 B4 B5 B6 B8 C1 C4 C5 C6 | Avaliación do proxecto . Utilizarase unha rúbrica para avaliar o grao de consecución dos obxectivos propostos, en canto á necesidade social atendida, as competencias adquiridas polo alumnado, a súa participación activa e as dinámicas de colaboración coas entidades participantes, a difusión. e proxección, etc... Valorarase a implicación e participación nas actividades, o cumplimento das entregas e a calidade do material elaborado. | 90 |
Eventos científicos e/ou divulgativos | C4 C5 C7 | Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso. DPAUC" (paneis, maquetas, debuxos, vídeos, textos, performances, etc.). |
10 |
Observacións avaliación | |||
Na avaliación xeral do curso valoraranse os seguintes aspectos: asistencia e participación en clase e obradoiros e actividades. Para aprobar a materia é necesario superar cada unha destas escalas: - Asistencia a clase: mínimo 80% de sesións expositivas e 80% de sesións interactivas. Ademais, o profesorado valorará se a asistencia é activa participando nas sesións expositivas (respondendo preguntas), en equipo ou en correccións individuais. A participación activa poderá valorarse como un incremento da nota final. A nota da primeira oportunidade será "Non Presentada" se non entregou ningún dos elementos avaliables. Non obstante, a participación activa na clase, durante o período lectivo, que acredite un coñecemento adecuado dos contidos da materia poderá ser valorada polo profesorado. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" a asistencia mínima ás clases será do 50%, tanto nas sesións interactivas como nas expositivas. O resto dos elementos de avaliación serán os mesmos que no caso xeral. En relación coa proba final, seguirase o descrito no artigo 12 das “Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación das Titulacións dos Estudos de Grao e Máster Universitario da UDC” (versión consolidada 2017). Exención académica: non se contempla, por tratarse dunha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental. A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na correspondente convocatoria, quedando así invalidada calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. a convocatoria extraordinaria. Segunda oportunidade: Para aprobar a materia nunha segunda oportunidade é necesario repetir os elementos avaliables nos que non se conseguiu a superación. Os traballos tutelados serían reelaborados, corrixidos ou completados segundo as indicacións dos titores da materia. Para iso, recoméndase que os equipos fagan uso de titorías académicas cos seus titores correspondentes durante o segundo cuadrimestre. Os traballos entregaranse, como máximo, ata unha semana antes do exame de segunda oportunidade. Os alumnos que non cumprisen o mínimo de asistencia durante o período lectivo non terán dereito a unha avaliación positiva. Para todo o demais, os criterios de avaliación da segunda oportunidade serán os mesmos que da primeira |