Obradoiro |
É nesta segunda metodoloxía onde o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios, resoltos principalmente a man alzada, e que deben ser desenvolvidos individualmente polo alumno:
1.- Práctica semanal de debuxo sobre taboleiro cunha duración dunha a dúas horas e que se recollerá ao final da clase para a súa avaliación.
2.- Práctica de curso na que se desenvolverá un traballo de representación nun ámbito paisaxístico a concretar. Todas as semanas e nun espazo de tempo variable, dunha a dúas horas, o alumno traballará e corrixirá co profesor os avances dese traballo tutelado que desenvolverá tamén de maneira non presencial nas horas asignadas na planificación da materia.
|