Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A19 B3 B4 C3 C4 C6 C8 Avaliarase o resultado de traballo de taller tanto o individual como o colectivo das distintas prácticas entregadas.
É necesario ter este traballo aprobado para superar a materia.
90
Sesión maxistral B1 B2 B7
Valorarase a asistencia e a participación na aula
10
 
Observacións avaliación

A avaliación será continua.Os sistemas de avaliación axustaranse ao establecido na Normativa vixente de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións de estudos de grao e máster universitario da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela. 

Para aprobar  o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas prácticas individuais como na prácticas de grupo, de non ser así non se fará media. Asemade o estudante debe ter unha asistencia mínima do 80% e todas as súas prácticas deberán ser entregadas nas datas especificadas.

Haberá exames (e/ou repetición de entregas, a xuízo do docente) de primeira e segunda oportunidade nas datas fixadas e a celebrar na EPS de Lugo, aos que só poderán presentarse os alumnos que teñan a asistencia mínima do 80% a sesións maxistrais e obradoiro e todas as prácticas semanais e de curso entregadas nas datas requeridas.

A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.

Nota: “Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”

En todolos casos axustaránse ditas medidas segundo os casos concretos, adecuándoas as circunstancias