Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta B4 B5 C1 Un exame ao final do cuatrimestre, referido á totalidade de todos os contidos do curso. A este exame corresponderá un 70% da cualificación final. No mesmo, é preciso acadar unha cualificación de 4 (sobre un máximo de 10) para poder superar a asignatura e poder facer media cos traballos. 70
Traballos tutelados A26 A28 A29 A34 A35 A37 A41 A44 A45 B2 B3 C2 C3 C5 C6 C7 C8 Os traballos, realizados en grupo, terán unha cualificación máxima de 3 puntos. Será preciso ter entregado os traballos para superar a asignatura. 30
 
Observacións avaliación

A asistencia regular (mínimo un  80%) será imprescindible para realizar o traballo tutelado e a proba mixta.

Para concorrer á segunda oportunidade de cada convocatoria será imprescindible ter entregado, na primeira, o traballo desenvolvido durante o curso e revisado polo profesorado da asignatura. Este traballo tutelado pode ser ampliado e correxido para ser reavaliado na segunda oportunidade. 

Avaliación en convocatoria adiantada: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse as condicións de avaliación xeral nun curso previo.

Medidas para o estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia : Non se contemplan.

Plaxio. No relativo ao plaxio se atenderá ao indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC: "A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobado, implicará directamente a calificación de suspenso (0) na materia da convotatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria".