Traballos tutelados |
O traballo práctico do desenvolvemento do curso resumirase nun documento que se presentará ao final. É un proxecto de deseño e execución dun xardín cuxas características específicas serán detalladas no primeiro día de clase. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso. DPAUC" (paneis, maquetas, debuxos, vídeos, textos, performances, etc.).
Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, simposios, conferencias, etc.), organizados pola ETSAC, o DPAUC, etc., indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuais referentes a un determinado ámbito de estudo. |
Obradoiro |
O obradoiro consistirá nas sesións de discusión, debate, exposición e crítica que terán lugar na aula. Incluirá sesións teóricas nas que se explicarán os principais conceptos dos contidos do curso, prácticas curtas para resolver e entregar en clase e correccións individuais e de grupo dos traballos supervisados. |