Como parte
das tarefas da materia, poderase preparar material síntese do traballo
realizado para a súa exposición conxunta a finais de curso, en distintos eventos organizados polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e
Composición. Ao longo do
curso, o profesorado pode recomendar a asistencia a determinados eventos
divulgativos (congresos, xornadas, simposios, conferencias, etc.), organizados
pola ETSAC, o DPAUC, etc., que teñan relación co contido docente da materia, co
obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuais
referentes a un determinado ámbito de estudo. |