Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Informática para a Xestión Náutica | Código | 631510205 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A23 B2 B5 B7 B9 B10 B11 B12 B14 B16 C2 C3 C6 C7 C8 C13 | A nota final ven determinada pola aplicación de xestión desenvolvida polo alumnado ao longo do curso, na que se valorará especialmente a incorporación dos medios e solucións aprendidos ao longo do cuadrimestre. | 100 |
Observacións avaliación | |||
O alumnado ten dúas posibilidades de avaliación: 1. AVALIACIÓN CONTINUA. Mediante esta via o estudantado ten a posibilidade de superar a asignatura por curso mediante a presentación dunha aplicación de xestión a bordo baseada nun Banco de Datos. No caso de acadar máis de 50 puntos, non terá que facer a proba final da 1ª oportunidade. O traballo avaliarase mediante unha rúbrica que se porá previamente a disposición do estudantado na plataforma de teleformación da UDC. 2. PROBA OBXECTIVA FINAL. Esta vía aplicarase cando o alumno non acade un minimo de 50 puntos ao longo do cuatrimestre ou renuncie á avaliación continua. Neste caso o alumnado examinarase do temario completo, e o 100% da nota virá de esta proba obxectiva OBSERVACIONS Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Os criterios de avaliación contemprados no cadro A-II/2 do Código STCW e recollido no Sistema de Garantía de Calidade teránse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación. |