Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A54 B30 B31 B32 Proba individual de asimilación de coñecementos.
60
Sesión maxistral A55 A57 B30 B32 Resolución de cuestións teóricas ou prácticas breves relacionadas cos contidos da sesión maxistral 10
Traballos tutelados A54 A57 B30 B31 B32 B34 B35 B36 C14 Realización dos traballos propostos.
15
Solución de problemas A54 B30 B31 B32 B33 B35 B36 Capacidade para resolver problemas.
15
 
Observacións avaliación

Os estudantes que participan no sistema EEES, deberán acudir a un mínimo do 80% das clases interactivas. A avaliación continua supón o 40% da nota, e ao longo do cuadrimestre realizaranse probas parciais que lles permitan acadar o restante 60% da nota.

Os estudantes que teñan realizado a avaliación continua pero non superasen a materia trala realización dos parciais, terán a oportunidade de acadar o restante 60% da nota nun examen final de toda a asignatura na primeira ou segunda oportunidade. Os parciais non eliminan materia. Un alumno que non aprobe a materia trala realización dos parciais e que non se presente ós exames finais, será cualificado como NON PRESENTADO.

Os estudantes que decidan NON participar no sistema EEES serán avaliados a través dunha Proba Obxetiva que constituirá o 100% da avaliación, consistente nunha proba individual de asimilación de coñecementos teóricos e prácticos.

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. En todo caso pídese ós alumnos con dispensa académica que o indiquen ó profesorado ó comezo do cuadrimestre.