Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A59 B31 B40 C18 C19 C22 C27 C28 C31 Será necesario como mínimo un 80% de asistencia ás clases de docencia expositiva para ter dereito á avaliación continua. 0
Proba obxectiva B31 B40 C15 C19 C22 C27 C28 C31 Durante o curso realizaranse unha serie de probas que poden combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/o de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. 20
Aprendizaxe colaborativa A59 B31 B40 B45 C15 C19 C22 C28 Ao comezo do cuadrimestre estableceranse grupos reducidos e estes realizarán un traballo cuxo tema e data de entrega será indicado polos/as profesores/as. A realización do devandito traballo é obrigatoria para superar a avaliación continua. O traballo será exposto en clase nunha presentación oral e será avaliado atendendo a unha rúbrica, cualificándose sobre 10 puntos, sendo necesario alcanzar polo menos un 5/10 para superar a avaliación continua. 10
Obradoiro A59 B31 B40 B45 C15 C22 C28 C31 Será necesario como mínimo un 80% de asistencia ás clases de docencia interactiva para ter dereito á avaliación continua. A asistencia ás posibles prácticas (simulador, buque “Breogán”, en porto etc.) será obrigatoria. A non asistencia a estas prácticas implica non superar a avaliación continua. 0
Proba mixta A59 B31 B40 B53 C15 C18 C19 C22 C27 C28 C31 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
70
 
Observacións avaliación

Dereito a Avaliación Continua (AC).

Para ter o dereito a AC, será necesario como mínimo un 80% da asistencia ás clases presenciais, xa sexa de docencia expositiva como deinteractiva.

Cualificación final EC = (0,7*Media Probas mixtas) + (0,2*Media Probas obxectivas) + (0,1*Nota traballo colaborativo)

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (segundo establézase na correspondente normativa da UdC), poderá acollerse á AC sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais. Para iso, estes/as alumnos/as informarán debidamente o profesor, ao principio do curso, da devandita situación de dispensa académica e así como da súa dispoñibilidade horaria de asistencia. Os/as profesores/as acordarán individualmente con este alumnado metodoloxías para compensar a non asistencia ás clases presenciais e a súa correspondente avaliación.

Probas mixtas.

Durante a AC realizaranse unha ou varias probas mixtas sobre os temas do contido da materia. A nota final da proba mixta será a media das diferentes probas mixtas que se poidan desenvolver durante o curso, pero para que estas probas fagan media entre se será necesario unha nota mínima de 4,5 en cada unha. Tanto se se realizan varias probas mixtas ou soamente realízase unha, a media daquelas, ou a nota desta, será o 70% da cualificación da AC.

Aqueles/as alumnos/as que non alcanzasen o 4,5 nalgunha proba mixta, pero teñan a totalidade do resto de actividades de avaliación superadas, poderán recuperar esa proba mixta na proba de maio.

Probas obxectivas.

O 20% da cualificación obtense da media das probas
obxectivas realizadas durante o curso. Se algún/a alumno/a non se presenta a
algunha proba obxectiva sen causa xustificada, a nota da proba será 0. Os que xustifiquen a falta, podrán realizar a proba noutra data indicada polos profesore/as.

Traballo
colaborativo.

O 10% restante dependerá da cualificación obtida no traballo realizado de forma colaborativa en grupos reducidos. A realización do devandito traballo é obrigatoria para superar a avaliación continua. O traballo será exposto en clase nunha presentación oral e será avaliado atendendo a unha rúbrica, cualificándose sobre 10 puntos, sendo necesario alcanzar polo menos un 5/10 para superar a avaliación continua.

Proba eliminatoria de
nós.

Realizarase unha proba para demostrar o coñecemento dos nós
básicos de forma práctica que, aínda que non entra dentro da cualificación
final, é eliminatoria, sendo necesario superala para aprobar a materia.

Convocatorias
oficiais de 1ª e 2ª oportunidade.

O alumnado que non supere a AC (asistencia mínima e
cualificación) ou que decida non seguir aquela, poderase presentar ás
convocatorias finais de maio e xullo.

A avaliación destas convocatorias consistirá nunha proba
mixta que poderá constar de calquera tipo de pregunta. Os contidos destas
probas mixtas poderán abarcar calquera contido da materia.

A cualificación final desta convocatoria será a nota desta proba.

Opcións para os/as alumnos/as que non alcanzasen o 4,5 nalgunha proba mixta, pero que teñan a totalidade do resto de actividades da EC superadas:

Opción 1: o exame da 1ª oportunidade de maio estará dividido en bloques que cubran os mesmos contidos que as probas mixtas da EC. Os/as alumnos/as que se presenten soamente a un bloque de maio para recuperación deberán obter unha nota mínima de 4,5 no devandito bloque para superar a EC. No caso de que a nota obtida sexa menor de 4,5 deberán presentarse á 2ª oportunidade. No caso de que a nota deste bloque sexa 4,5 ou superior, dita nota será a que faga ponderación co resto de actividades realizadas durante a EC. A ponderación resultante será a cualificación final da convocatoria.

Opción 2: os/as alumnos/as con algunha algunha proba mixta que non alcanzase o 4,5, poderanse presentar a toda a proba de maio, sendo a nota desta proba a nota da 1ª oportunidade.

A 2ª convocatoria abarcará a totalidade dos contidos da
materia, non gardándose ningunha cualificación anterior.

Como na AC, para aprobar a materia, os/as alumnos/as que non
a teñan superada realizarán unha proba de nós, a cal será eliminatoria.

Redondeo.

Todas as notas serán sobre un resultado máximo de 10,0. Para superar a avaliación continua e as dúas oportunidades, a nota final deberá ser un 5,0. Calquera nota por baixo considerarase como suspenso. O redondeo dunha nota farase á décima máis próxima. No caso de que a centésima que sexa 5 redondearase á décima superior.

Dispensa Académica, Dedicación ao estudo, Permanencia e Fraude Académica.

Estes temas rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.