Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Navegación II | Código | 631G01306 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente | |||
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario | |
|
Observacións | |
A materia de Navegación II é unha continuación directa das materias do 2º curso Navegación I e Navegación Astronómica, e os seus contidos daranse por asimilados. O alumnado que non adquirise as competencias previas das materias mencionadas resultaralle practicamente imposible cursar de forma proveitosa esta materia, especialmente no referente á parte práctica. O mesmo sucede respecto desta materia e a súa continuación no 4º curso, Simulación Náutica, a cal se basea na realización de exercicios de simulación. Nestes exercicios se parte da base de que o alumnado xa asimilou os contidos teóricos impartidos en Navegación II, polo que aqueles que non cursasen previamente esta, dificilmente poderán cursar Simulación Náutica. Esta materia inclúe os contidos teóricos correspondentes ó curso de especialidade “ECDIS: Cartas electrónicas” establecidos na Sección A- II/1 e A-II/2 do STCW 78/95/10, conforme o curso modelo OMI 1.27, que se desenrola a continuación: 1.- Elementos del ECDIS 2.- A garda de mar con ECDIS 3.- Monitorización e planificación da ruta ECDIS 4.- Brancos, cartas e sistemas ECDIS 5.- Responsabilidade e avaliación ECDIS Para a obtención do certificado de especialidade “ECDIS: Cartas electrónicas” é necesaria a superación desta materia e da materia de Simulación Náutica, na cal se inclúen os contidos prácticos correspondentes (40 horas en total). Esta materia tamén inclúe os contidos teóricos correspondentes ó curso de especialidade “Radar de Punteo Automático (ARPA)” establecidos na Sección A- II/1 e A-II/2 do STCW 78/95/10, cubrindo entre outros os seguintes: - Coñecemento dos fundamentos do radar e das axudas de punteo radar automáticas (APRA). - Capacidade para utilizar o radar e para interpretar e analizar a información obtida. - Utilización. - Capacidade para utilizar o APRA, interpretar e analizar a información obtida. - Determinación da situación. - Valoración dos erros do sistema e profunda comprensión dos aspectos operacionais. - Planificación do practicaxe sen visibilidade. - Avaliación dos datos náuticos obtidos a fin de adoptar e aplicar decisións que permitan evitar a abordaxe e dirixir a navegación segura do buque. Todo elo conforme o programa establecido na ORDEN FOM/2296/2002, de 4 de setembro, cuxo contido se desenrola no “Tema 3: ARPA” da presente guía docente, e tendo en conta ademais as directrices establecidas nos cursos modelo OMI 1.07 e 1.08. Para a obtención do certificado de especialidade “Radar de Punteo Automático (ARPA)” é necesaria a superación desta materia e da materia de Simulación Náutica, na cal se inclúen os contidos prácticos correspondentes (30 horas en total). |