Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A56 A58 A59 B31 B42 B60 B62 B68 B78 B79 B88 B96 B98 B99 C17 C25 C27 C33 C34 C35 C36 Cada Proba Mixta constará de preguntas teóricas (proba de ensaio, resposta breve, etc.) e de preguntas prácticas. Para que estas probas fagan media entre si, a nota mínima de cada unha será de 4,5.

Se a media das probas mixtas é menor de 5,0 considerarase que o/a alumno/a non superou a Avaliación Continua.
70
Sesión maxistral A56 A58 A59 B31 B42 B60 B62 B68 B78 B79 B88 B96 B98 B99 C17 C25 C27 C33 C34 C35 C36 Será necesaria únha asistencia mínima do 80% para cualificar a Avaliación Continua. A falta de puntualidade pode ser motivo para non ser aceptado na aula.

Para permitir a asistencia a certas clases con contido xa subido ao Campus Virtual, o profesor poderá pedir previamente á entrada un esquema, mapa conceptual ou resumo dos temas que se van a tratar nas mesmas.
0
Obradoiro A56 A58 A59 B31 B42 B60 B62 B68 B78 B79 B88 B96 B98 B99 C17 C25 C27 C33 C34 C35 C36 Será necesaria únaa asistencia mínima do 80% para cualificar a Avaliación Continua. A falta de puntualidade pode ser motivo para non ser aceptado na aula.

Para permitir a asistencia a certas clases con contido xa subido ao Campus Virtual, o profesor poderá pedir previamente á entrada un esquema, mapa conceptual ou resumo dos temas que se van a tratar nas mesmas.
0
Traballos tutelados A56 A58 A59 B31 B42 B60 B62 B68 B78 B79 B88 B96 B98 B99 C17 C25 C27 C33 C34 C35 C36 Os traballos serán avaliados atendendo a unha rúbrica.

Se a nota do traballo (ou a media dos mesmos se se fai máis dun) é menor de 5,0 considerarase que o/a alumno/a non superou a Avaliación Continua.
30
 
Observacións avaliación

Dereito a Avaliación
Continua (EC).

Para ter o dereito a EC, será
necesario como mínimo un 80% da asistencia ás clases presenciais, xa sexa de
docencia expositiva como de interactiva.

Probas mixtas.

O 70% da cualificación da EC
obtense da media das probas mixtas realizadas (unha ou varias) os temas
contidos da materia. Para que estas probas fagan media entre si, a nota mínima
será de 4,5. Se a media das probas mixtas é menor de 5,0 considerarase que o/a
alumno/a non superou a EC.

Traballo(s) tutelado(s).

O 30% da cualificación da EC
obtense da nota do traballo tutelado. O traballo será avaliado atendendo a unha
rúbrica. Se a nota do traballo (ou a media dos mesmos se se fai máis dun) é menor de 5,0 considerarase que o/a alumno/a
non superou a EC.

Convocatorias oficiais de 1ª e
2ª oportunidade.

O alumnado que non supere a EC
(asistencia mínima e cualificación) ou que decida non seguir aquela, poderase
presentar ás convocatorias finais de 1ª e/ou 2ª Oportunidade.

A avaliación destas
convocatorias consistirá nunha Proba Mixta que poderá constar de calquera tipo
de pregunta. Os contidos destas Probas Mixtas poderán abarcar calquera contido
da materia. 

A cualificación final da
convocatoria será a nota desta proba.

Redondeo.

Todas as notas serán sobre un
resultado máximo de 10,0. Para superar a avaliación continua e as dúas
oportunidades, a nota final deberá ser un 5,0. Calquera nota por baixo
considerarase como suspenso. O redondeo dunha nota farase á décima máis
próxima. No caso de que a centésima que sexa 5 redondearase á décima superior.

Dispensa Académica, Dedicación
ao estudo, Permanencia e Fraude Académica.

Estes temas rexeranse de
acordo coa normativa académica vixente da UDC.

O alumnado con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
(segundo establézase na correspondente normativa da UdC), poderá acollerse á EC
sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais. Para iso, estes/as
alumnos/as informarán debidamente o profesor, ao principio do curso, da
devandita situación de dispensa académica e así como da súa dispoñibilidade
horaria de asistencia. O profesor acordará individualmente con este alumnado as
metodoloxías para compensar a non asistencia ás clases presenciais e a súa
correspondente avaliación.