Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 A33 A6 A33 B7 B9 B16 B17 C8 O alumnado presentará os traballos encargados polos docentes, no xeito e tempo que lle fora indicado, para obter unha avaliación válida dos mesmos. 40
Proba obxectiva B30 O alumnado terá que realizar este tipo de probas ao longo e/ou ao final do curso, para demostrar o coñecemento dos conceptos básicos da materia 40
Presentación oral B30 B34 B36 De xeito complementario a elaboración dos traballos tutelados, o alumnado deberá facer a presentación oral dos mesmos. 20
 
Observacións avaliación

É posible acadar outros acordos de avaliación entre alumnado e profesorado, pero nese caso as condicións constarán nun contrato de avaliación coa sinatura das partes. E citarase explicitamente a frase "De acordo co recollido na Guía docente nas observacións de avaliación… "

Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/2 do Código STCW e a súas emendas relacionadas con esta materia teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación. Se é procedente.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,

segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017): Os criterios de avaliación para este alumnado, son os mesmos que

para o alumnado a tempo completo. No caso de non poder acudir ao laboratorio, e sempre que se conte cos medios que o fagan posible, as prácticas de carácter obligatorio poderán realizalas sen desplazarse ao centro mediante software que conte con licencia da UDC ou sexa de libre distribución.

A comisión de fraude académica levará consigo a aplicación das sancións disciplinarias establecidas no artigo 11 do Regulamento disciplinario do alumnado da UDC. https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007335