Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A54 A56 B40 B80 B81 C15 C19 C20 C21 Os Traballos Tutelados serán dunha extensión variable (a maioría de entre 500 e 2000 palabras, aínda que esta extensión poderá ser maior para algún).

Non se permitirán Traballos que sexan resultado de tradutores en liña ou de Intelixencia Artificial, podendo ser isto considerado como fraude académica.

A media das notas dos Traballos Tutelados terá un peso dun 30% na cualificación final daqueles/as estudantes que opten por realizar a Avaliación Continua (EC).

Os/as estudantes que non superen ou non realicen a EC e preséntense aos exames finais de 1º e/o 2ª Oportunidade, non terán que realizar os Traballos Tutelados.
30
Proba mixta A54 A56 B40 B80 B81 C15 C19 C20 C21 O 70% da cualificación final dos/as alumnos/as que opten por realizar Avaliación Continua (EC) será a media das notas obtidas nas distintas Probas Mixtas que se realicen ao longo do curso.

Os/as alumnos/as que non superen ou non se presenten á EC poderán asistir aos exames de 1ª e 2ª Oportunidade, os cales consistirán nunha Proba Mixta na que pode entrar calquera dos contidos traballados na materia. A nota desta Proba Mixta terá un peso do 100% na cualificación final correspondente.
70
Proba oral B40 B80 B81 C15 C19 C20 C21 De realizarse Probas Orais, as súas notas entrarán dentro da media das Probas Mixtas da EC. En caso de realizarse Probas Orais nos exames de 1ª ou 2ª Oportunidade, a súa nota ponderará tal como indíquese no enunciado do exame, non podendo ser o seu peso maior do 50% do mesmo. 0
 
Observacións avaliación

Avaliación Continua (EC)

A cualificación final da EC será un 70% da media das notas das Probas Mixtas realizadas máis un 30% da media dos Traballos Tutelados.

De realizarse Probas Orais, as súas notas entrarán dentro da media das Probas Mixtas. 

Os Traballos Tutelados que non sexan presentados sen causa xustificada, terán unha nota de 0. 

Non se permitirán Traballos que sexan resultado de tradutores en liña ou de Intelixencia Artificial, podendo ser isto considerado como fraude académica. 

Convocatorias oficiais de 1ª e 2ª oportunidade

A avaliación destas convocatorias consistirá nunha proba mixta que poderá constar de calquera tipo de pregunta. Os contidos destas probas mixtas poderán abarcar calquera contido da materia. 

En caso de realizarse Probas Orais nos exames de 1ª ou 2ª Oportunidade, a súa nota ponderará tal como indíquese no enunciado da Proba Mixta, non podendo ser o seu peso maior do 50% da nota total da mesma. 

A cualificación final desta convocatoria será a nota desta proba. 

Redondeo

Todas as notas serán sobre un resultado máximo de 10,0. Para superar a avaliación continua e as dúas oportunidades, a nota final deberá ser un 5,0. Calquera nota por baixo considerarase como suspenso. O redondeo dunha nota farase á décima máis próxima. No caso de que a centésima que sexa 5 redondearase á décima superior. 

Dispensa Académica, Dedicación ao estudo, Permanencia e Fraude Académico

Estes temas rexeranse #de acordo con a normativa académica vixente da UDC. 

En caso de probas en liña, non se permitirán respostas que sexan resultado de tradutores en liña ou de Intelixencia Artificial. De facelo, poderá ser considerado como fraude académica.