Metodoloxías Descrición
Lecturas O alumnado deberá ler os documentos que se suban ao Campus Virtual para poder abordar a realización do traballo tutelado e a superación das probas obxectivas.
Análise de fontes documentais O alumnado deberá ler e consultar os documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a materia que se suban ao Campus Virtual, que permitirán abordar a realización do traballo tutelado e a superación das probas obxectivas.
Proba mixta O alumnado que opte pola avaliación continua, poderá realizar as distintas probas obxectivas que se plantexen ao longo do curso, que xunto coa avaliación do traballo tutelado, determinarán a calificación alcanzada.
O alumnado que non realice avaliación continua, realizará unha proba obxectiva final onde a avaliación desta proba corresponderase co 100% da calificación alcanzada.
Traballos tutelados Unha vez lidos todos os contidos da materia, o alumnado realizará el diseño e análise dun proxecto de carga, estiba, trincaxe, transporte e descarga dunha carga pesada a bordo de calquer buque que o alumnado pode escoller entre a flota real dispoñible de cargas pesadas, a través dunha serie de condicionantes. Poderán adherirse a esta metodoloxía únicamente os estudantes que realicen avaliación continua.