Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Esta actividade consiste na visualización do documental "The Weekend Sailor" e analizar o seu contido a través de diferentes preguntas expostas polo profesor.
Resumo Nesta actividade o alumando elaborará un resumo no que se pretende recoller, destacar e relacionar as principais ideas e conceptos sobre a evolución da náutica deportiva e de recreo desde o S. XVII ata a actualidade.
Esquemas Trátase dunha actividade mediante a que se persegue a determinación, comparación e organización da normativa que regula a práctica da náutica de recreo e as instalacións náutico deportivas en Galicia e en España a través da elaboración dun esquema.
Esquemas Esta actividade consiste na análise detallada da normativa que regula as titulacións náutico-deportivas.
Traballos tutelados O alumnado escollerá un tema relacionado ca materia e elaborará un traballo seguindo as directrices impostas polo profesor.
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva para avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado sobre a materia.