Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticas en Simulador | Código | 631G02459 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Realizarase a explicación detallada dos contidos da materia e que se distribúen en temas. O alumno contará en todo momento con material bibliográfico, en ocasións mecanografado, do tema para tratar en cada sesión maxistral. Foméntase a participación en clase, a través de comentarios que relacionan os contidos teóricos con experiencias da vida real. |
Proba mixta | Realizarase unha proba global, co fin de que o alumno demostre os coñecementos e as destrezas adquiridas durante o curso. Consistirá nunha proba práctica #ante o simulador, cuxa puntuación complementará a obtida na avaliación continua. Os exames ordinarios e extraordinarios rexeranse polo mesmo formato. |
Simulación | Aplicaranse os conceptos desenvolvidos na sesión maxistral previa sobre un sofware de simulación, no que o alumno levará a cabo tarefas de condución, supervisión, control e solución de anomalias. Ao final de cada simulación o alumno entregará unha memoria das cuestións propostas, que puntuarán na avaliación continua. |