Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A13 A15 A64 A67 A69 B1 B2 B11 C2 C9 C10 C11 C12 C13 Avaliación do traballo realizado polo alumno nas prácticas de laboratorio mediante a entrega e defensa das mesmas 60
Proba práctica A13 A15 A64 A67 A69 B1 B2 B11 C2 C9 C10 C11 C12 C13 Avaliación do traballo realizado polo alumno na proba práctica atendendendo ao seu correcto funcionamento e á memoria entregada do devandito traballo. 40
 
Observacións avaliación

A materia apróbase obtendo polo menos o 50% da cualificación.

Na segunda oportunidade poderanse avaliar de novo as prácticas de laboratorio.

O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia: non se esixirá a asistencia ás prácticas e faranse flexibles as datas de entrega e defensa das prácticas.

Fraude académica na realización de probas ou actividades de avaliación : a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/6 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.