Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A73 A74 A75 A78 A79 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 C2 C3 C4 C5 C7 C9 - Entrega dunha memoria cos exercicios seleccionados do boletín de cada tema.
- Utilizarase sempre que sexa posible programas de cálculo para a resolución dos exercicios.
20
Proba obxectiva A73 A74 A75 A78 A79 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C8 C9 - Terá carácter obligatorio e individual.
- A proba obxectiva consistirá nun examen dividido en dúas partes: teórica (40 % da proba obxectiva) e práctica (60 % da proba obxectiva).
- Para facer media entre ambas partes necesitarase obter como mínimo un 3 sobre 10.
- A nota total da proba obxectiva non poderá ser inferior a 4 sobre 10 para facer media con outras metodoloxías implementadas na avaliación.
80
 
Observacións avaliación

Contemplarase a posibilidade de realizar unha ou varias probas parciais (teoría e práctica) ao longo do período lectivo. Desta forma, os estudantes poderán superar parte da proba obxectiva antes do período de avaliación da primeira oportunidade.

En ambas oportunidades manterase o porcentaxe de calificación establecido en cada apartado das metolodoxías de avaliación.

Os alumnos con dispensa académica terán o mesmo método de avaliación que o resto dos alumnos: proba obxectiva (80 %) e solución de problemas (20 %).

Para a obtención da calificación de non presentado aplicarase o articgo 21 2.b das “NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO" Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 y Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014 (texto refundido)” os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-II/1, A-II/2, A-III/1 e A-III/2 do Código STCW e as suas enmendas relacionados con esta materia teranse en conta a hora de diseñar e realizar  a sua avaliación.
Se por causa sobrevida de forza maior, non poidese facersa a avaliación deste xeito, levarase a cabo a distancia; por Moodle, TEAMs, ..., según conveña.


A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.