Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Automatismos e Sistemas de Control | Código | 631G03038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Terceiro | Optativa | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A18 A19 A85 A100 B4 B5 B9 B16 C8 | Os traballos tutelados poderán ser parte do desenvolvemento do estudo de casos, ou ben abarcar outras temáticas diferentes. A forma de avaliación será igualmente mediante un informe presentado ou unha exposición realizada. | 10 |
Estudo de casos | A18 A19 A84 A85 A100 B4 B5 B9 B16 C3 | O alumnado, orientado polo docente, aplicará os conceptos xeráis desenvoltos na materia ao caso que lle sea asignado ou ben elexido por eles mesmos. A avaliación poderase facer mediante valoración dun informe presentado ou unha exposición realizada. | 10 |
Prácticas de laboratorio | A11 A23 A25 A26 A84 A85 A100 B9 B16 C3 | As prácticas de laboratorio valoraranse pola asistencias, participación e bo facer do alumnado nas mesmas. Poidendo ser requerido unha memoria escrita sobre o seu desenvolvemento e resultados. | 20 |
Proba mixta | A84 A85 A100 B4 B5 B9 B16 C3 | A proba mixta pode abordar todos os coñecementos adquiridos durante o curso. Como proba final en cada unha das oportunidades, a súa data e lugar está prefixada pola Xunta de Facultade antes da realización da matrícula do alumnado. Ademais poderán realizarse probas parciais a criterio do docente, que resulten liberadoras de partes da materia. O alumnado terá coñecemento do contido que abrangue a proba, e as súas condicións de realización anteriormente a súa celebración. |
60 |
Observacións avaliación | |||
É posible acadar outros acordos de avaliación entre alumnado e profesorado, pero nese caso as condicións constarán nun contrato de avaliación coa sinatura das partes. E citarase explicitamente a frase "De acordo co recollido na Guía docente nas observacións de avaliación… " Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/2 do Código STCW e a súas emendas relacionadas con esta materia teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación. Se é procedente. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017): Os criterios de avaliación para este alumnado, son os mesmos que para o alumnado a tempo completo. No caso de non poder acudir ao laboratorio, e sempre que se conte cos medios que o fagan posible, as prácticas de carácter obligatorio poderán realizalas sen desplazarse ao centro mediante software que conte con licencia da UDC ou sexa de libre distribución. A comisión de fraude académica levará consigo a aplicación das sancións disciplinarias |