| Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
| Asignatura | Propulsión e Resistencia ao Avance | Código | 631G03045 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Solución de problemas | Resolveranse as coleccións de exercicios propostas para cada tema, permitindo a aplicación dos modelos matemáticos máis axeitados a cada caso, incluíndo manexo de táboas, aplicación das hipóteses máis axeitadas, relación cos contidos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais e relación co exercicio profesional. Desenvolverase esta metodoloxía fundamentalmente nas sesións de grupos reducidos e interactivos. |
| Seminario | Formulación semellante á solución de problemas pero enfocado a unha interacción grupal máis activa, incluíndo a realización e defensa de traballos en modo individual ou grupal. |
| Proba obxectiva | Realizarase unha proba parcial co fin de que o alumno se familiarice co tipo de cuestións que se expoñen nas probas escritas. Constará dunha parte teórica e outra práctica, de tal forma que cada unha computa entre un 40 ao 60% da nota. Os exames ordinarios e extraordinarios rexeranse polo mesmo formato. cumprindo tamén coas prescricións establecidas no STCW |
| Sesión maxistral | Explicación dos contidos planificados na materia, fomentando a interactividade e a transversalidade con outras materias do título. Así mesmo, tendo en conta a elevada porcentaxe de estudantes que compatibilizan traballo con estudos e que optan por dispensa académica e mesmo para os que teñen dedicación total, desenvólvense as clases con gravación a través de TEAMS e o emprego do Bloc de Notas, permitindo o acceso aos mesmos no momento desexado polo estudante |