|
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
| A10 |
CE10 - Utilizar os sistemas de comunicación interna. |
| A18 |
CE18 - Supervisar o funcionamento dos sistemas eléctricos, electrónicos e de control. |
| A19 |
CE19 - Supervisar os sistemas de control automático da máquina propulsora principal e a maquinaria auxiliar. |
| A21 |
CE21 - Facer funcionar e manter os sistemas de enerxía eléctrica de máis de 1.000 voltios. |
| A22 |
CE22 - Facer funcionar os computadores e redes informáticas a bordo dos buques. |
| A24 |
CE24 - Manter e reparar o equipo náutico da ponte e os sistemas de comunicación do buque. |
| A34 |
CE34 - Contribuír a que as comunicacións a bordo do buque sexan eficaces. |
| A69 |
CE69 - Optimizar a utilización dos recursos. |
| A73 |
CE73 - Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas. |
| A75 |
CE75 - Interpretar e representar correctamente o espazo tridimensional, coñecendo os obxectivos e o emprego dos sistemas de representación gráfica. |
| A76 |
CE76 - Ensamblar e realizar tarefas básicas de mantemento e reparación de equipos informáticos. Instalar, manexar e restaurar un sistema operativo, xestionando unha xerarquía de usuarios e realizando auditorías do mesmo. Instalar e configurar unha rede de equipos informáticos, establecendo distintos mecanismos de seguridade. |
| A85 |
CE85 - Manexar correctamente a información proveniente da instrumentación e sintonizar controladores, no ámbito da súa especialidade. |
| A89 |
CE89 - Poñer en marcha e operar novas instalacións en buques, instalacións marítimas e industriais. |
| A91 |
CE91 - Redactar e interpretar documentación técnica. |
| A93 |
CE93 - Interpretar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento. |
| A94 |
CE94 - Realizar inspeccións, medicións, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, planos de labores e certificacións nas instalacións do ámbito da súa especialidade. |
| A100 |
CE100 - Ter a capacidade para exercer como oficial ETO da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima. |
| B1 |
CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
| B2 |
CB2 - Aplicar os coñecementos no seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír competencias demostrables por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da área dos seus estudos |
| B3 |
CB3 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
| B4 |
CB4 - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
| B5 |
CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía. |
| B6 |
CG01 - Capacidade para xestionar os propios coñecementos e utilizar de forma eficiente técnicas de traballo intelectual. |
| B7 |
CG02 - Resolver problemas de forma efectiva. |
| B8 |
CG03 - Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo. |
| B9 |
CG04 - Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
| B10 |
CG05 - Traballar de forma colaborativa. |
| B11 |
CG06 - Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
| B12 |
CG07 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito mariño, mediante fundamentos físico-matemáticos. |
| B13 |
CG08 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións. |
| B14 |
CG09 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica. |
| B15 |
CG10 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas. |
| B16 |
CG11 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
| B17 |
CG12 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
| B18 |
CG13 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
| C1 |
CT01 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
| C2 |
CT02 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
| C3 |
CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
| C4 |
CT04 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
| C5 |
CT05 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
| C7 |
CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
| C8 |
CT08 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
| C9 |
CT09 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |