Código Competencias / Resultados do título
A1 CE01 - Realizar unha garda de máquinas segura
A2 CE02 - Facer funcionar a maquinaria principal e auxiliar e os sistemas de control correspondentes.
A3 CE03 - Facer funcionar os sistemas de bombeo de combustible, lubricación, lastre e doutro tipo e os sistemas de control correspondentes.
A4 CE04 - Facer funcionar os sistemas eléctricos, electrónicos e de control.
A8 CE08 - Vixiar o cumprimento das prescricións lexislativas.
A9 CE09 - Emprego do inglés escrito e falado.
A10 CE10 - Utilizar os sistemas de comunicación interna.
A11 CE11 - Manter e reparar o equipo eléctrico e electrónico.
A13 CE13 - Prevención, control e loita contra incendios a bordo.
A16 CE16 - Aplicar as calidades de liderado e de traballo en equipo.
A17 CE17 - Contribuír á seguridade do persoal e do buque
A19 CE19 - Supervisar os sistemas de control automático da máquina propulsora principal e a maquinaria auxiliar.
A20 CE20 - Facer funcionar os xeradores e os sistemas de distribución.
A21 CE21 - Facer funcionar e manter os sistemas de enerxía eléctrica de máis de 1.000 voltios.
A22 CE22 - Facer funcionar os computadores e redes informáticas a bordo dos buques.
A23 CE23 - Manter e reparar os sistemas de control automático da maquina propulsora principal e das maquinas auxiliares.
A24 CE24 - Manter e reparar o equipo náutico da ponte e os sistemas de comunicación do buque.
A25 CE25 - Manter e reparar os sistemas eléctricos, electrónicos e de control da maquinaria de cuberta e do equipo de manipulación da carga.
A26 CE26 - Manter e reparar os sistemas de control e seguridade do equipo de fonda.
A35 CE35 - Contribuír a que as relacións humanas a bordo do buque sexan boas.
A36 CE36 - Comprender e adoptar as medidas necesarias para controlar a fatiga.
A78 CE78 - Adquirir coñecementos de termodinámica aplicada e da transmisión da calor.
A80 CE80 - Coñecer as características e limitacións dos materiais utilizados para a reparación de buques e equipos.
A81 CE81 - Coñecer o funcionamento e operación dos equipos e sistemas auxiliares instalados en buques e instalacións marítimas.
A83 CE83 - Operar alternadores, xeradores e sistemas de control.
A85 CE85 - Manexar correctamente a información proveniente da instrumentación e sintonizar controladores, no ámbito da súa especialidade.
A87 CE87 - Realizar operacións de explotación óptima das instalacións do buque e marítimas e industriais.
A88 CE88 - Manter e reformar instalacións e equipos de cuberta, instalacións contra incendios, dispositivos e medios de salvamento e todos aqueles elementos relacionados coa seguridade da navegación, dentro do ámbito da súa especialidade, é dicir, operación e explotación.
A89 CE89 - Poñer en marcha e operar novas instalacións en buques, instalacións marítimas e industriais.
A90 CE90 - Operar, reparar, manter e optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas coa enxeñería mariña, como motores alternativos de combustión interna e subsistemas; turbinas de vapor e de gas, caldeiras e subsistemas asociados; ciclos combinados; equipos eléctricos, electrónicos, e de regulación e control; as instalacións auxiliares, tales como instalacións frigoríficas, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, grupos electrógenos, etc.
A92 CE92 - Aplicar os protocolos de seguridade ante calquera tipo de incidencia.
A93 CE93 - Interpretar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
A100 CE100 - Ter a capacidade para exercer como oficial ETO da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima.
B1 CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 - Aplicar os coñecementos no seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír competencias demostrables por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da área dos seus estudos
B5 CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
B7 CG02 - Resolver problemas de forma efectiva.
B8 CG03 - Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B9 CG04 - Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B10 CG05 - Traballar de forma colaborativa.
B11 CG06 - Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 CG07 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito mariño, mediante fundamentos físico-matemáticos.
B13 CG08 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
B14 CG09 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B15 CG10 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
B16 CG11 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
B17 CG12 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C1 CT01 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT02 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT04 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C6 CT06 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C9 CT09 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.