| Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
| Asignatura | Fundamentos de Programación | Código | 631G03057 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Traballos tutelados | Proporase a realización dun traballo tutelado relacionado co seu ámbito profesional no que o alumnado deberá integrar os coñecementos adquiridos non só nesta materia, senón tamén noutras materias da titulación. Este traballo levarase a cabo de forma autónoma, co apoio do profesorado. Para elo se lle proporcionará o equipo hardware necesario que deberá programar para conseguir o seu correcto funcionamento. O traballo defenderase presencialmente ou a través de Teams, e entregarase facendo uso de ferramentas como o Campus Virtual e Github. |
| Sesión maxistral | O profesor fará unha descripción dos contidos de cada tema, relacionándoos cos conceptos adquiridos previamente. Despois desenrolará os contidos teóricos utilizando transparencias e exemplos prácticos. Estas sesión poderán desenvolverse usando Teams e o Campus Virtual. |
| Prácticas de laboratorio | Proporanse una serie de exercicios para que o alumno aprenda a desenrolar sinxelos algoritmos cos que resolver os problemas que se lle indiquen, utilizando para elo as estructuras de control , así coma os tipos e estructuras de datos básicas dunha linguaxe de programación. O alumnado poderá desenvolver estas prácticas tanto de maneira presencial no laboratorio coma de maneira autónoma a distancia. Se lle proporcionará un kit coas compoñentes electrónicas necesarias para as mesmas. A entrega se fará usando o Campus Virtual, onde deben subir o código do algoritmo e un pequeno vídeo que demostre o funcionamento do programa. |