Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada é imprescindible para dirixir ao alumnado na realización do traballo proposto, tratando de aportar solución a os problemas e dúbidas que vaian aparecendo ao longo do desenvolvemento do mesmo, así como para orientar ao alumnado na resolución dos exercicios de programación que lles crearon máis dificultades.

Farase uso dos seguintes medios:

- Correo electrónico: Diariamente. Uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento do traballo tutelado.
- Campus Virtual: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen dos enunciados dos exercicios prácticos e vídeos de elaboración propia nos que se explica a resolución dos exemplos. Ademáis, tamén dispoñen de enlaces a páxinas web con manuais e titoriais.
- Teams. Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Utilizarase para o seguimento e apoio do traballo tutelado e as prácticas.