Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de ensaio A1 A2 A3 A5 A6 A8 A10 A38 A42 A43 A44 A45 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B19 B14 C1 C6 C8 Exame final da materia.
O peso desta metodoloxía poderá variar en función da cantidade de estudantado matriculado.
Poderase esixir unha cualificación mínima na proba.
40
Solución de problemas A1 A2 A3 A5 A6 A8 A10 A38 A42 A43 A44 A45 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B19 B13 B14 B15 B16 B18 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Resolución dos problemas propostos. O peso desta metodoloxía poderá variar en función da cantidade de estudantado matriculado.
Poderase esixir unha cualificación mínima en cada problema.
30
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A6 A8 A10 A38 A42 A43 A44 A45 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B19 B13 B14 B15 B16 B18 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Entrega e, no seu caso, presentación dos traballos propostos. O peso desta metodoloxía poderá variar en función da cantidade de estudantado matriculado.
Poderase esixir unha cualificación mínima en cada traballo.
30
 
Observacións avaliación

Ao comezo das clases
detallaranse, no seu caso, as variacións nos mecanismos de avaliación que se
aplicarán, unha vez coñecida a matrícula da materia.

A.- Alumnado con
matrícula a tempo completo

A porcentaxe mínima
esixida de asistencia ás clases é do 75%. A asistencia controlarase mediante a
firma do alumnado na folla de control.

Na avaliación da materia
o exame terá un peso do 40% (detallaranse os contidos que se avaliarán con esta
metodoloxía), os problemas e traballos individuais un 50% e os problemas e
traballos realizados en grupo un 10%.

Para superar a materia esixirase unha nota de exame igual ou superior a 4,0,
e unha nota media nos problemas e traballos individuais e grupais igual ou
superior a 6,0. Será necesaria unha nota final de 5,0 para superar a materia.

Para o alumnado a tempo completo que
non cumpra coa porcentaxe mínima esixida de asistencia, ou non acade a nota
mínima media esixida nos traballos e problemas, a avaliación basearase nun
exame final específico sobre a materia impartida no curso.

B.- Alumnado con matrícula a tempo
parcial

O estudantado con matrícula a tempo
parcial que non poida asistir ás clases deberán poñerse en contacto co
profesorado ao comezo do curso para establecer unha metodoloxía de avaliación
alternativa.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”,
“dedicación ao estudio”, “permanencia” e “fraude académico” rexiranse  de acuerdo coa  normativa académica vixente da UDC.