Temas Subtemas
En relación ás condicións de realización das prácticas, atenderase ao disposto na normativa de ámbito nacional e no Regulamento de Prácticas Académicas Externas do estudantado da Universidade da Coruña.
O estudante contará cun/a titor/a dentro da empresa que lle guiará e supervisará nas tarefas específicas que terá que desenvolver dentro da mesma; e un/unha titor/a académico/a que definirá xunto co titor/a da empresa, o marco xeral da actividade do estudante.
Durante a súa estancia o estudante integrarase na organización da empresa e coordinarase co resto de integrantes do equipo de traballo ao que sexa asignado.
A Comisión Académica Interuniversitaria elaborará as pautas relativas a: (i) procedemento de oferta e difusión das prácticas, (ii) criterios de asignación das prácticas ao alumnado, (iii) criterios de asignación de persoas titoras no ámbito académico, (iv) procedementos e rúbricas de avaliación e cualificación.