Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Cálculo | Código | 632G01002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Formación básica | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A1 A2 B6 B8 B7 C10 C11 C12 C15 C18 | Ver observacións avaliación | 10 |
Proba mixta | A1 B6 B8 B7 C10 C12 C15 C18 | Ver observacións avaliación | 90 |
Observacións avaliación | |||
Valorarase positivamente a asistencia a clase, sendo imprescindible para poder superar o curso por avaliación continua. Así: • Se a asistencia NON é superior ao 85% do total das clases: haberá un exame final en xuño, e unha segunda oportunidade en xullo. En cada exame haberá dúas partes, unha correspondente ao primeiro cuadrimestre e outra correspondente ao segundo cuadrimestre. É necesario obter unha nota superior ou igual a 3.5 en cada parte. A nota final obtense como a media das cualificacións obtidas en cada parte. Se a nota dunha das partes e inferior a 3.5, conta como un 0 para o cálculo da nota media. A nota necesaria para aprobar é un 5. En caso de suspenso en xuño, non se garda ningunha nota para o exame de xullo. • Se a asistencia é superior ao 85% do total das clases, o curso poderá ser aprobado mediante avaliación continua. Así, haberá un exame parcial adicional en febreiro. Unha nota superior ou igual a 3.5 neste exame permite liberar materia para o exame final de xuño e/ou xullo. A nota final obtense como a media das cualificacións obtidas en cada parte. Se a nota dunha das partes e inferior a 3.5, conta como un 0 para o cálculo da nota media. A nota necesaria para aprobar é un 5. Ademais, durante o curso faranse unhas probas de seguimento coas que se poderá obter ata un punto no exame de xuño. Non se comunicará previamente o día da súa realización. Neste caso, a cualificación final do curso obtense da seguinte forma: Primeira oportunidade (xuño): A maior de: A) Nota do exame*(9/10)+ Nota do control. B) Puntuación do exame. Segunda oportunidade (xullo): nota do exame. |