Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Ampliación de cálculo | Código | 632G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Seminario | Paralelamente ao desarrolo teórico da materia entregaranse boletíns de exercicios e problemas realacionados. O obxectivo é que os alumnos vaian traballando os coñecementos que van adquirindo a través destes boletíns. Nos seminarios coa axuda do profesor discutiranse e resolveránse os problemas máis relevantes dos boletíns. |
Solución de problemas | Exponse unha serie de problemas que o estudante debe resolver a partir dos coñecementos que se traballaron en teoría |
Proba de resposta breve | Proba obxectiva dirixida a recordar conceptos básicos da materia de forma concisa. |
Proba mixta | Exame escrito onde se avalía a comprensión e aplicación dos conceptos e métodos fundamentais da materia. |