Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Infraestruturas do transporte | Código | 632G01018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | Resolución dos traballos expostos aos estudantes ao longo do curso. | 25 | |
Proba obxectiva | A proba obxectiva consta á súa vez de varias probas. Unha delas é a proba final obxectiva que se realizará na data marcada no calendario académico oficial. Tamén haberá probas obxectivas ao longo do curso, na data e forma que irá definindo o profesorado da materia durante o curso. Todas elas son probas de avaliación de contidos teóricos e/ou prácticos sobre a materia impartida na materia. Durante a realización das probas obxectivas presenciais, non se permitirá o uso de smarphones, tablets ou calquera outro tipo de dispositivo electrónico, salvo que sexa necesario para a súa realización (por tratarse dunha proba en liña), o cal se especificará con anterioridade a realización de a mesma. En caso de levar á aula algún destes dispositivos, estes deberán permanecer apagados e gardados. |
75 | |
Observacións avaliación | |||
A materia consta de tres bloques: Transportes (1 ECTS), Camiños (3 ECTS) e Ferrocarrís (2 ECTS). Cales son os requisitos para aprobar a materia? Existen dous requisitos para aprobar a materia: 1.- En primeiro lugar, debe obterse unha cualificación mínima de 4,0 puntos sobre 10 nas probas obxectivas finais de todos e cada un dos Bloques (Transportes, Camiños e Ferrocarrís). Se este requisito non se cumpre, non se poderá aprobar a materia. 2.- En segundo lugar, a media ponderada das notas dos tres bloques deberá ser maior ou igual que 5,0 puntos sobre 10. A media ponderada calcúlase como a suma de 1/6 da cualificación obtida na proba obxectiva do Bloque de Transportes, de 1/2 da obtida no Bloque de Camiños e de1/3 da obtida no Bloque de Ferrocarrís. Como se calcula a cualificación final da materia? Cada bloque temático da materia avalíase da seguinte forma: Transportes Dada a escasa duración do bloque, realizarase unha probafinal obxectiva, cunha ponderación do 100% na cualificación do bloque. Adicionalmente, exporase un traballo tutelado voluntario,que permitirá sumar ata 0,5 puntos na cualificación do Bloque de Transportes. Esta cualificación só se terá en conta a partir dunha cualificación de 4,0puntos na proba final obxectiva do Bloque. Camiños Un máximo de 5 traballos tutelados que poderán ser: sobre identificación de elementos da sección transversal, sobre identificación de tipoloxías de nós, sobre identificación de perdas de trazado, dinámicas e de orientación, sobre enxeñería de tráfico e/o sobre problemas de trazado o calquera outra materia obxecto da asignatura. A puntuación, data e forma de entrega de cada un deles definirase ao longo do curso. Todos eles entregaranse vía Moodle. O peso dos mesmos será dun 30% na cualificación do bloque. Probas obxectivas de avaliación continua. Exporase arealización, ao longo do curso, de diversos exames teóricos e/o prácticos. Opeso dos mesmos será dun 30% na cualificación do bloque. Proba obxectiva final. Realizarase un exame final na data establecida no calendario académico, cun peso do 40% na cualificación do bloque. Ferrocarrís Traballos tutelados , teóricos ou prácticos, relacionados con os temas en que se estrutura o bloque de Ferrocarrís. A súa data de entrega definirase ao longo do curso. Todos os traballos entregaranse a través da correspondente tarefa definida en Moodle. Os traballos tutelados supoñerán un 25% da cualificación do Bloque de Ferrocarrís. Probas obxectivas de avaliación continua . Exporase a realización de probas teóricas, a través da plataforma Moodle, en horas de clase. O peso conxunto das mesmas será dun 25% na cualificación do Bloque. Proba obxectiva final . Realizarase un exame final na data establecida no calendario académico cun peso do 50% na cualificación do Bloque. A cualificación final calcúlase como a suma de 1/6 dacualificación global obtida no Bloque de Transportes, de 1/2 da obtida noBloque de Camiños e de 1/3 da obtida no Bloque de Ferrocarrís. Lémbrase que, con independencia da cualificación globalobtida en cada bloque, para aprobar a materia é preciso obter polo menos un 4en cada unha das probas obxectivas finais de cada bloque e, ademais, a mediaponderada das devanditas probas debe ser igual ou superior a 5. Hai que presentarse na mesma oportunidade a todos osbloques? Non é preciso. O estudantado poderá decidir se na primeira oportunidade quere presentarse a ningún, algún ou todos os bloques. Desta forma, se nalgunha das probas obxectivas finais de cada bloque obtén unha cualificación maior ou igual a 5,0 puntos sobre 10, dita cualificación gardaráselle, pero só ata a segunda oportunidade, non para o curso seguinte. Os estudantes que superasen algún bloque na primeiraoportunidade, de acordo co exposto no parágrafo anterior, só terán quepresentarse ao bloque ou aos bloques pendentes na segunda oportunidade. É obrigatoria a asistencia a clase? Non é obrigatoria a asistencia a clase, pero tense en conta. Así, se un/a estudante asiste a un 80% ou máis das clases da materia, terá unha oportunidade extraordinaria para realizar a proba obxectiva final do Bloque de Transportes e a proba obxectiva final do Bloque de Camiños. O exame de cada bloque realizarase con anterioridade á data da primeira oportunidade, coincidindo aproximadamente co final da docencia de cada bloque, aínda que se fixará na data e forma fixada polo profesor/a de cada un destes bloques. Se por razóns de calquera índole, o/a estudante non asiste ao mínimo do 80%, non poderá optar a esta oportunidade extraordinaria. E se un estudante está matriculado a tempo parcial ou nondesexa seguir a avaliación continua? Neste caso, poderá asistir unicamente ás probas obxectivasfinais, fixadas no calendario académico da Escola. Mantéñense os requisitospara aprobar a materia (4,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva final de cadabloque) e a cualificación final será o resultado de considerar a mediaponderada das cualificacións obtidas na proba de avaliación final de cadabloque. |