Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A9 A10 A11 A12 A15 A16 Consistirá nunha serie de preguntas e problemas, con carácter teórico e prácitico, a responder nun tempo limitado. Nalgúns casos permitirase o emprego de documentación no exame (apuntamentos, normativas, exercicios resoltos...). 95
Estudo de casos A9 A10 A11 A12 A15 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B12 B13 B16 B6 B8 B18 B19 B20 B7 C1 C3 C5 C10 C13 C14 C18 C2 C19 A solución proposta debe ser unha resposta tecnicamente válida ao caso estudado. Valorarase, ademais da solución en si, a claridade na exposición e a metodoloxía e fontes utilizadas. 5
 
Observacións avaliación
BLOQUE A (FORMIGÓN ESTRUTURAL): Representa 2/3 da cualificación total.
BLOQUE B (CONSTRUCIÓN): Representa 1/3 da cualificación total.

Para aprobar a materia é necesario aprobar os dous bloques por separado (obter cualificación de aprobado no bloque A e no bloque B independentemente).

Unha vez aprobado un dos dous bloques, non será necesario volver examinarse do mesmo. Aínda que, en cada curso, será necesario comunicarlle a Isabel Martínez Lage o aprobado de calquera dos dous bloques.

Os exames poderán conter unha parte que será considerada eliminatoria, que atenderá aos contidos esenciais de cada un dos bloques.

A entrega dos traballos que, no seu caso, desígnense como obrigatorios, será indispensable para aprobar a materia.