Sesión maxistral |
Consiste na presentación dun tema estruturado loxicamente coa finalidade de facilitar información organizada seguindo uns criterios adecuados cun obxectivo determinado.
Esta metodoloxía céntrase fundamentalmente na exposición oral por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo.
|
Estudo de casos |
Exporanse exercicios que os estudantes deben resolver durante a clase. |
Proba obxectiva |
A proba obxectiva é un tipo de avaliación no que se espera un desenvolvemento máis ou menos amplo do contido que está a ser medido. Poderanse expor cuestións teóricas ou teórico-prácticas. Con esta proba preténdese avaliar o dominio cognoscitivo, por parte do alumno, fronte a un ou varios temas en particular. Xeralmente, con este tipo de probas téñense bos resultados á hora de avaliar capacidades de orde superior, xa que se espera que o alumno realice unha maior análise, reflexión e síntese do estudado co fin de dar unha resposta completa e coherente. |