Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A32 A33 Realizarase unha proba de resposta breve para a parte de abastecemento e outra para a parte de saneamento. A proba de resposta breve comprenderá a "resolución de 10 cuestións". Oito (8) das cuestións para resolver sairán, por sorteo, dunha listaxe ampla de cuestións (banco de preguntas) que se poñerá ao dispor dos alumnos no seu debido momento, e que, por tanto, o alumno coñecerá de antemán para o seu estudo e resolución. As outras 2 cuestións a resolver serán propostas polos profesores. Cada unha das 10 cuestións que finalmente conformen o exame terá o valor de 1 punto, e o alumno deberá obter un mínimo de 5. Para poder facer media entre as partes a nota mínima nalgunha delas deberá ser superior a 4,5 sobre 10. 40
Sesión maxistral A23 A32 A33 A35 C1 C4 C5 Esixirase que o alumno cumpra cunha asistencia mínima do 80% das horas-clase efectivas para poder empezar a puntuar nesta metodoloxía.
A asistencia controlarase mediante a firma do alumno na folla de control. Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas (0; 80%) e (1.0; 100%).
10
Solución de problemas A32 A33 B18 B19 B20 Os alumnos resolverán boletíns de exercicios de forma individual dentro dun prazo que se comunicará en clase.
A práctica será avaliado entre 0 e 10; considerarase aprobada se se obtén un valor maior a 5. Se a práctica non se considera aprobada deberá ser repetida por parte do alumno. Neste caso a máxima nota que podería obter sería de 7,5.
20
Traballos tutelados A33 B2 B3 B4 B11 B15 B8 C3 C13 C18 O alumno, de forma individual, realizará o pre-dimensionamiento dunha estación de tratamento de auga. Traballarase en FOLLA DE CÁLCULO EXCEL (ou similar). Valoraranse os seguintes aspectos:
a) Cumprimento dos obxectivos fixados para cada data de tutoría-control.
b) Comprensión dos criterios de dimensionamiento.
c) Claridade na secuencia de dimensionamiento das diferentes etapas.
d) Non existencia de erros.
e) Resolución de problemas ou erros detectados.
f) Elaboración de esbozo final de implantación da planta de tratamento.
30
 
Observacións avaliación
CRITERIOS DE AVALIACIÓN

A.- Alumnos con matrícula a tempo completo

O peso das partes avaliables será o seguinte: asistencia ás sesións maxistrais (10%); entrega de prácticas e probelmas
(20%),traballo tutelado (30%) e proba de resposta breve (40%).

Para superar a materia, tanto na proba de resposta breve, como a parte
de prácticas-problemas, como no traballo tutelado, o alumno deberá obter
unha nota mínima de 5 sobre 10.

Os alumnos, de maneira individual, e co fin de poder valorar algúns dos
aspectos citados anteriormente, deberán demostrar a súa competencia coa
folla de cálculo elaborada mediante un proceso de discusión cos
profesores. Esta avaliación realizarase unha vez completouse o deseño na
folla de cálculo. O resultado desta avaliación é "apto" ou "non apto".
Se o alumno é avaliado como "non apto" deberá fixar unha nova data de
avaliación ata ser avaliado como "apto".

A porcentaxe mínima esixida de asistencia ás sesións maxistrais é do 80 %
das horas de clase. A asistencia controlarase mediante a firma do
alumno na folla de control. A puntuación da asistencia xeral vai de 0
puntos (cando se ten o 80% de asistencia) a 10 puntos (co 100% de
asistencia). Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense
mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas (0; 80) e (10;
100).

B.- Para os alumnos con matrícula a tempo parcial

Por normativa, os alumnos a tempo parcial están exentos da asistencia ás
sesións maxistrais. Por tanto, a puntuación correspondente á asistencia
distribúese entre as outras partes, quedando así:
... Traballo tutelado (35%)
... Prácticas-problemas (20%)
... Proba de resposta breve (45%)

Para superar a materia, tanto na proba de resposta breve como no
traballo tutelado, como en prácticas, problemas, o alumno deberá obter
unha nota mínima de 5 sobre 10. As entregas parciais do traballo
tutelado axustaranse ás mesmas datas que os alumnos a tempo completo e,
do mesmo xeito que os alumnos a tempo completo, deberán demostrar a súa
competencia coa folla de cálculo elaborada mediante un proceso de
discusión cos profesores.

Os estudantes a tempo parcial dispoñerán de todos os materiais para o
estudo na mesma plataforma Campus Virtual UDC.

Así mesmo, para a atención personalizada teñen á súa disposición o
correo electrónico institucional a través do cal se poden facer
consultas e acordar titorías cos profesores.