Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A6 A35 A36 B1 B2 B3 B4 B5 B11 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C19 O peso na avaliación poderá axustarse en función da matrícula da materia 10
Proba de ensaio A6 A35 A36 B1 B2 B3 B4 B5 B11 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C19 Probas de avaliación de contidos teóricos e prácticos realizadas ao final da materia. O peso na avaliación poderá axustarse en función da matrícula da materia. 40
Traballos tutelados A6 A35 A36 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 Resolución dos traballos ou prácticas propostos ao estudantantado ao longo do curso. O peso na avaliación poderá axustarse en función da matrícula da materia. 40
Aprendizaxe servizo A35 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 C1 C3 C5 C10 C13 C18 No caso de que o alumnado matriculado sexa suficiente, prevese a realización dunha exposición sobre mobilidade sustentable, as medidas para alcanzala e os seus beneficios, con diverso material audiovisual preparado polo alumnado (pósteres, Power Point ou similares, vídeos, etc). Esta exposición poderá ir rotando por diversos centros. O estudantado participará en todas as fases das exposicións.
Ademais, o estudantado participará na difusión da actividade por diferentes medios (Youtube, Instagram, TikTok, etc).
10
 
Observacións avaliación
Ofrécese ao estudantado optar entre dous sistemas de avaliación:


AVALIACIÓN POR CURSO:

  • Asistencia a clase mínima (75%).
  • Prácticas e posibles probas de resposta múltiple: Prácticas e traballos obrigatorios que se exporán en
    clase e deberán entregarse ao profesorado nas datas indicadas. Tamén se poderá plantexar a realización de probas de resposta múltiple. A
    realización correcta destas prácticas e probas nos prazos establecidos é
    requisito indispensable para superar a materia. Establecerase unha
    cualificación mínima en cada unha das prácticas ou traballos a realizar
    polo estudantado para poder superar a materia.
  • Actividade de aprendizaxe servizo: A actividade de aprendizaxe servizo, no caso de que se propoña porque haber suficiente alumnado, será obrigatoria para superar a materia
  • Exames: Un exame parcial liberatorio ao final do primeiro cuadrimestre e un exame final ao terminar o curso.

Na modalidade de avaliación por curso a nota da materia será 0,4 * (Notamedia
de exame) + 0,6 * (Nota de prácticas, actividade de aprendizaxe servizo, e posibles probas de resposta múltiple), a condición de que en cada
parcial obtívose unha nota de exame igual ou superior a 4,0. Será
necesaria unha nota final de 5,0 para superar a materia.
Se nalgún exame parcial non se alcanza a nota mínima de 4,0 o estudantado
deberá volver presentarse na seguinte oportunidade do mesmo curso. Non
se gardan notas para o curso seguinte.
Se a cualificación final non alcanza o 5,0, tendo nalgún parcial unha
cualificación superior a 5,0 (incluíndo as prácticas, por tanto, tendo
máis dun 4,0 en exame), o alumnado poderá conservar a nota dese parcial
na seguinte oportunidade do mesmo curso.

AVALIACIÓN ALTERNATIVA:

Para o alumnado matriculado a tempo parcial, e para quen opte por
este sistema ou non supere a avaliación por curso
  • Non se esixe asistencia mínima
  • Prácticas e posibles probas de resposta múltiple: Prácticas e traballos
    obrigatorios que se exporán en
    clase e deberán entregarse ao profesorado nas datas indicadas. Tamén se
    poderá plantexar a realización de probas de resposta múltiple. A
    realización correcta destas prácticas nos prazos establecidos é
    requisito indispensable para superar a materia. Establecerase unha
    cualificación mínima en cada unha das prácticas ou traballos a realizar
    polo estudantado para poder superar a materia. O alumnado que non
    asista regularmente a clase deberán contactar co profesorado ao comezo
    do cuadrimestre para que se lles indiquen os traballos e prazos.
  • Actividade de aprendizaxe servizo: A actividade de aprendizaxe servizo será obrigatoria para superar a materia

  • Exames: Un exame parcial liberatorio ao final do primeiro cuadrimestre e un exame final ao terminar o curso.

Na modalidade de avaliación alternativa a nota da materia será 0,4 * (Notamedia de exame) + 0,6 * (Nota de prácticas, actividade de aprendizaxe servizo, e posibles probas de resposta múltiple), a condición de que en cada parcial obtívose unha nota de exame igual ou superior a 5,0.
Non hai compensable entre exames parciais, polo que para
aprobar a materia deberá obterse unha nota igual ou superior a 5,0 en
cada un dos exames. Se nalgún exame parcial non se alcanza a nota mínima
de 5,0 o estudantado deberá volver presentarse na seguinte oportunidade
do mesmo curso. Non se gardan notas para o curso seguinte.

ENTREGA DE PRÁCTICAS FORA DE PRAZO:

O estudantado que non entregando en prazo as prácticas ou probas de resposta múltiple queira presentarse ao exame de primeira ou segunda oportunidade deberá poñerse en contacto co profesorado polo menos cun mes de antelación respecto ao exame, para que se abra un novo período de entrega de prácticas. En caso de non entregar as prácticas neste novo prazo establecido para o efecto non se poderá presentar ao exame.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.