Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Ferrocarrís | Código | 632G01062 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Sesións teóricas nas que se transmiten os contidos principais da materia. Durante estas sesións foméntase a participación dos alumnos mediante a xeración de cuestións curtas así como a proposta de exemplos prácticos. |
Traballos tutelados | Realización de diferentes traballos relacionados cos temas da materia, que se exporán en clase e deberanse entregar aos profesores nas datas indicadas. |
Solución de problemas | Durante o curso propoñerase ao alumnado exercicios que permiten afianzar os coñecementos teóricos explicados nas sesións maxistrais. Os exercicios expostos deberán resolverse persoalmente, podendo consultar todo tipo de documentos ou expor as dúbidas que xurdan durante a súa realización. Cada exercicio será entregado finalmente para a súa cualificación, a través da plataforma Moodle. |
Proba de resposta múltiple | Ao longo do curso levarán a cabo unha serie de cuestionarios, na modalidade de resposta múltiple (test), ao obxecto de desenvolver unha avaliación continua dos resultados da aprendizaxe do alumnado en diversos temas. Ditas probas levarán a cabo a través da plataforma Moodle, en días e horas consensuadas co alumnado. |
Proba obxectiva | Realízase unha proba obxectiva para comprobar os coñecementos adquiridos polos estudantes sobre a materia explicada nas sesións maxistrais. |