Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión do Transporte Urbano | Código | 632G01065 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Estudo de casos | Analizaranse distintos casos de estudo de transporte urbano, tanto para aprender de experiencias reais como para que o estudantado realice as súas propias achegas aos problemas coas técnicas aprendidas nesta materia e en Mobilidade Metropolitana e Terminais de Transporte. |
Proba de ensaio | Realízase unha proba obxectiva para comprobar os coñecementos adquiridos polo estudantado sobre a materia explicada nas sesións maxistrais e nas sesións de solución de problemas. |
Solución de problemas | Durante o curso realízanse periodicamente sesións durante as que se expoñen exercicios que permiten afianzar os coñecementos teóricos explicados nas sesións maxistrais. Nestas sesións soluciónanse os exercicios expostos e resólvense as dúbidas xurdidas durante a súa realización. Estas sesións serven como base para o correcto desenvolvemento dos traballos tutelados que se realizan na materia. |
Prácticas a través de TIC | Proponse realizar algunha práctica a través das ferramentas específicas do campus virtual UDC. |
Proba de resposta múltiple | Pódese plantexar a realización dalgunha proba de resposta múltiple. |
Sesión maxistral | Sesións teóricas nas que se transmiten os contidos principais da materia. Durante estas sesións foméntase a participación do alumnads mediante a xeración de cuestións curtas así como a proposta de exemplos prácticos. |
Traballos tutelados | Presentación de diferentes exercicios relacionados cos diferentes temas da materia, que se exporán en clase e deberanse entregar ao profesorado nas datas indicadas. Poderán integrarse co estudo de casos. |
Actividades iniciais | Realízase unha sesión inicial para expor o programa do curso e a organización do mesmo, presentando a bibliografía básica, a forma de avaliación e resolvendo as dúbidas que poida ter o estudantado antes de enfrontarse á materia. |