Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A35 A36 B8 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Para cada bloque, exporase unha proba mixta nas datas sinaladas no calendario oficial da escola, que poderá incluír unha parte práctica. Cada proba puntuarase de 0 a 10.
Para aqueles estudantes que teñan aprobadas as prácticas de aula dos bloques 1 e 2 realizarase unha proba adicional en horas de clase.
47
Saídas de campo A35 A36 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Propoñerase a realización dunha práctica adicional baseada nunha visita a obra que se realizará durante o curso, e terá a consideración de práctica de avaliación continua relativa ao bloque 2.
Para poder aprobar a materia por avaliación continua será necesario realizar a visita.
Se non se puidese realizar a visita, o estudo de casos supoñerá un 36%.
3
Solución de problemas A35 A36 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 En cada un dos bloques os profesores exporán un exercicio práctico nunha data que se concretará o primeiro día de clase. Estas prácticas denominaranse Prácticas de Aula. Os alumnos resolverana de forma individual e será avaliado de 0 a 10. 17
Estudo de casos A35 A36 B8 B9 B10 B11 B12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 En cada un dos bloques os profesores exporán distintos casos prácticos que serán resoltos polos alumnos de forma individual ou colectiva, segundo o caso. Estas probas denominaranse prácticas de avaliación continua. Cada práctica será puntuada de 0 a 10. 33
 
Observacións avaliación

Avaliaranse de forma independente os tres bloques en que se divide a materia, de modo que para aprobar será necesario superar cada un deles por separado nalgunha das convocatorias do curso. 

Pódese manter a cualificación das prácticas aprobadas en cursos anteriores se se realiza unha petición expresa. 

 Nos bloques 1 e 2 darase a oportunidade de presentarse a un exame de avaliación continua durante o curso ao alumnado que aprobase previamente as prácticas de aula.

Bloque 1

  • A nota final procederá dos seguintes apartados con esta ponderación:  
    • Práctica de Aula 1 ( PA1): 10%. Exercicios prácticos sobre redacción de proxectos a realizaren a aula nunha data concreta a determinar.  
    • Práctica de Avaliación Continua 1 ( PEC1): 50%. Traballo ao redor da redacción dun proxecto hipotético. Poderá ser entregada na data que se determine durante o curso lectivo ou na do exame de xullo se non foi aprobada previamente. 
    • Exame do bloque 1: 40%. 
  • Para superar o bloque precísase: 
    • Obter unha nota mínima na PEC1 de 5. 
    • Obter unha nota mínima no exame de 4. 
    • Obter unha media ponderada superior a 5 entre prácticas e exame.

Bloque 2

  • A nota final procederá dos seguintes apartados con esta ponderación:  
    • Práctica de Aula 2 ( PA2): 20%. Realización dun problema de movemento de terras na aula nunha data concreta a determinar. 
    • Práctica de Avaliación Continua 2 ( PEC2): 30%. Poderá ser entregada na data que se determine durante o curso lectivo ou na do exame de xullo se non foi aprobada previamente. 
    •  Exame do bloque 2: 50%. 
  • Para superar o bloque precísase: 
    •  Obter unha nota mínima na PEC2 de 5. 
    •  Obter unha nota mínima no exame de 4. 
    •  Obter unha media ponderada superior a 5 entre prácticas e exame.

Bloque 3

  • A nota final procederá dos seguintes apartados con esta ponderación:  
    • Práctica de Aula 3 ( PA3): 20%. Traballo relacionado coa Lei de Contratos a desenvolver na aula nunha data concreta a determinar. 
    • Práctica de Avaliación Continua 3a ( PEC3a, relacionada coa lexislación relativa a Seguridade e Saúde): 15%. A data límite de entrega será a do exame da convocatoria de maio/xuño.  
    • Práctica de Avaliación Continua 3 b ( PEC3 b, relacionada con algunha normativa sectorial): 15%.A data límite de entrega será a do exame da convocatoria de maio/xuño. 
    •  Exame do bloque 3: 50%. 
  • Para superar o bloque precísase:  
    • Obter unha nota mínima no exame de 4. 
    • Obter unha media ponderada superior a 5 entre prácticas e exame ou, sila anterior media é inferior a 5, obter unha nota mínima no exame de 5.

No
caso de que por razóns xustificadas un alumno non poida participar nunha
práctica de clase avaliable ou na visita de campo, os profesores determinarán
un exercicio que poida substituílo. Causas xustificadas serán as establecidas
no Artigo 12 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario", aprobada polo
Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificada o 30
de abril de 2014. Igualmente, valoraranse alternativas en casos de estudantes
con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe e
apoio á diversidade.