Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Estruturas Metálicas e Mixtas | Código | 632G02031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba oral | A13 A14 B10 B11 B15 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C6 C8 | O estudante acudirá a cada unha das 2 entrevistas que o profesor estableza e que lle serán comunicadas por correo electrónico ou a través da plataforma Campus Virtual da UDC. Ao longo do curso deberá acudir ás entrevistas planificadas e responder ás cuestións plantexadas polo profesor de forma oral, ou no caso de que o profesor o especifique, mediante algún gráfico explicativo. Esta proba ten carácter obrigatorio e o estudante deberá obter unha nota mínima de 10 puntos sobre 25 para poder liberar esta parte da avaliación da materia. Se o estudante non acada esta nota mínima deberá realizar unha proba oral da totalidade da materia, que poderá realizarse na data da proba obxectiva ou ben nunha diferente. Aquel estudante que non acuda a algunha das entrevistas planificadas (salvo causa xustificada) non poderá liberar esta parte da materia, tendo que realizar a proba oral da totalidade da materia. En calquera caso para poder superar a materia deberá obterse unha nota mínima de 10 sobre 25 nesta proba. |
25 |
Proba obxectiva | A13 A14 A16 B10 B11 B2 B3 B4 B7 C1 C3 | O estudante debe responder ás cuestións e resolver os problemas plantexados durante os exames da materia. O resultado desta proba non se garda para a 2ª oportunidade. | 75 |
Proba práctica | A14 B8 B9 B10 B11 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C3 | O estudante deberá resolver os exercicios prácticos que lle foran asignados polos profesores e entregalos nas "Tarefas" definidas na plataforma Moodle. Como máximo establécense 2 tarefas, sendo unha delas a correspondente á realización dun exercicio de deseño e análise de estructura metálica mediante o uso do programa SAP2000. Esta proba é optativa e a puntación máxima será de 10 puntos. Esta nota computará unha vez que o estudante acade una puntuación superior a 40 puntos entre a Proba obxectiva e a Proba oral. |
10 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia e preciso obter unha calificación mínima de 50 puntos. |