Sesión maxistral |
Os profesores exporán en clase os diferentes temas apoiándose en presentacións gráficas. Esta información, xunto con outra que se considere complementaria (textos de apoio ás presentacións, textos legais, artigos, lecturas complementarias, vídeos, etc.), será posta a disposición dos alumnos. |
Estudo de casos |
Os profesores exporán, en función dos temas, casos prácticos reais que axuden a comprender mellor o problema ambiental analizado.
Os profesores poderán presentar diferentes casos de problemas ambientais axustados aos temas da materia. Depués dunha breve presentación incitará aos alumnos a comentar aspectos significativos e posibles alternativas na súa resolución
|
Solución de problemas |
Dalgúns temas entregarase aos alumnos boletíns de exercicios prácticos, ou enuciados dalgún problema ambiental, para que os resolvan dentro dun prazo que se establecerá no seu momento. Os exercicios prácticos poderán ser problemas, traballos de revisión, traballos de profundización en temas, ou estudos de casos reais.
Algúns dos exercicios prácticos poderán ser presentados polos alumnos
|
Proba mixta |
Os profesores elaborarán as probas de análises de asimilación de coñecementos e de apredizaje desenvolvido polos aoumnos. Estas probas poderanse basearse nunha combinación de test, preguntas curtas e desenvolvemento de temas.
Realizaranse varias probas de asimilación de coñecementos de carácter individual durante o período lectivo, en horarios de clase.
|