Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Camiños | Código | 632G02033 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | B9 B10 B11 B15 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 | Probas de avaliación de contidos teóricos e prácticos realizadas ao final da materia e/ou probas de avaliación continua realizadas ao longo do curso. A proba obxectiva final terá un peso do 40% e será preciso obter unha cualificación mínima de 3.5 puntos na mesma para poder superar a materia. As probas obxectivas de avaliación continua terán un peso do 15% e non será preciso obter unha cualificación mínima nas mesmas para poder superar a materia. Durante a realización das probas obxectivas presenciais, non se permitirá o uso de smarphones, tablets ou calquera outro tipo de dispositivo electrónico, salvo que sexa necesario para a súa realización (por tratarse dunha proba en liña), o cal se especificará con anterioridade a realización de a mesma. En caso de levar á aula algún destes dispositivos, estes deberán permanecer apagados e gardados. |
55 |
Traballos tutelados | A27 A30 B9 B10 B11 B12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B17 C1 C2 | Resolución dos traballos expostos aos estudantes ao longo do curso. Poderían exporse varios traballos tutelados. | 15 |
Solución de problemas | A27 A28 B11 B15 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B17 C1 C2 C3 C7 | Resolución de boletíns de exercicios individualizados dos temas vistos na materia. |
30 |
Observacións avaliación | |||
Para determinar a cualificación final da materia (minimo de 5.0 puntos de 10 para superala) avaliaranse os seguintes elementos, ponderados segundo os seus correspondentes pesos: - Solución de problemas (20%): exporase ao longo do curso a resolución dun máximo de 2 boletíns de exercicios (sobre tráfico, sobre trazado e/ou sobre firmes). Os enunciados se particularizarán para cada estudante. A resolución será individual. As entrega será vía Moodle na data e forma que se indicará ao longo do curso. - Traballos tutelados (10%): exporase ao longo do curso a resolución dun máximo de 3 traballos tutelados (sobre elementos da sección transversal, sobre nós viarios e/ou sobre perdas de trazado, dinámicas e de orientación ou calquera outro tema relacionado coa materia). A resolución será individual. As entrega será vía Moodle na data e forma que se indicará ao longo do curso. - Proba obxectiva (50%): avaliación dos contidos teóricos e/ou prácticos:
Independentemente de que o estudante se presente á primeira oportunidade, á segunda ou a ambas, haberá unha única data de entrega e/ou realización das actividades incluídas dentro da "Solución de problemas" e dentro dos "Traballos tutelados". Así mesmo, independentemente da oportunidade ou oportunidades ás que se presente cada estudante, as probas obxectivas de avaliación continua terán unha única data de realización. A cualificación de cada unha delas gardarase ata a segunda oportunidade do curso e será tida en conta na cualificación final tanto na primeira como na segunda oportunidade. Os estudiantes poderán optar por non facer unha evaluación continua e presentarse só a proba obxectiva final, que neste caso pesará un 100% e será necesaria unha puntuación mínima de 5.0 de 10 para aprobar a materia. Esto é valido tamén para os estudantes matriculados a tempo parcial, etc. |