Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A7 B3 C1 C2 No exame final, que se realizará na data establecida no calendario académico oficial, incluirase na primeira parte un test 14
Solución de problemas A1 A2 A5 A7 A10 A11 A12 A14 A15 A16 A20 A23 B1 B2 B6 B7 B11 B12 B13 C3 C7 No exame final, que se realizará na data establecida no calendario académico oficial, inclúese un suposto de liquidación de IRPF. Ademáis do test sobre o conxunto da materia 56
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A8 A11 A12 A13 A17 A18 A19 A21 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C7 Exporanse supostos de liquidación do IRPF, que deberán realizar en clase de forma de forma individualizada Ademáis faranse probas de liquidacions realizadas con programas da AEAT 30
 
Observacións avaliación

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independenza da cualificación acadada.

2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: O exame na data oficial supoñerá o 100% da avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou das actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder ao aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamiento de información.

5. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Outras observacións de avaliación:

Para superar a materia, é necesario aprobar o exame final, esixíndose aprobar cada unha das partes: o test e a liquidación de IRPF